Prácticas externas curriculares
en España

As prácticas externas son unha actividade de natureza formativa que ten por obxectivo permitirlle ao estudantado aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica. As prácticas deben favorecer a adquisición de competencias que preparen o alumnado para o exercicio de actividades profesionais e, así mesmo, favorecer a súa empregabilidade, sempre baixo a supervisión da universidade. En xeral, trátase de prácticas non remuneradas.

Que vantaxes teñen as prácticas para a entidade colaboradora?

As prácticas ofrécelles ás empresas e ás institucións colaboradoras a oportunidade de cooperar no proceso de formación de futuros/as profesionais e, ademais disto, facilitar a inserción do estudantado no mercado de traballo. As prácticas permiten que teñan a preparación necesaria e posúan mellores ferramentas para desenvolver as súas funcións no ámbito empresarial en que se inclúan.

Que vantaxes teñen as prácticas para o estudantado?

O estudantado debe completar a súa formación teórica con habilidades e competencias dirixidas a un mellor desenvolvemento da súa futura actividade, ademais de adquirir unha experiencia que facilitará o seu acceso ao mercado de traballo.

REQUISITOS

O programa de estudos do Grao en Xestión Industrial da Moda inclúe unha materia obrigatoria de prácticas externas, que deberán cursarse durante o segundo cuadrimestre do cuarto curso, cun valor de 18 ECTS (equivalentes a 450 horas).

Para poder realizar prácticas externas cómpre formalizar un convenio de cooperación educativa entre a UDC e a entidade colaboradora no que se regulen as condicións nas que se desenvolverán as prácticas. Do seguimento destas encargarase unha persoa titora da universidade e unha persoa titora profesional designada pola entidade colaboradora.

Modelos de convenios de prácticas externas

Normativa, información sobre seguros e formularios dispoñibles en