O alumnado de 3º e 4º ten a posibilidade de solicitar unha mobilidade Erasmus con fins de estudo. En cada curso, a partir de xaneiro, ábrense catro prazos para realizar a solicitude para o curso seguinte. Os prazos exactos de cada convocatoria e a información detallada poden consultarse na páxina web da universidade.
O principal requirimento para solicitar un destino é acreditar nivel A2 de alemán, italiano ou portugués, se as clases do centro de destino son neses idiomas, ou B1 se son en inglés, francés ou calquera outra lingua. A acreditación debe ser válida no momento da solicitude, polo que non se poden presentar certificados despois do prazo. Por parte do destino, é posible que haxa requirimentos adicionais de idiomas que deberán ser consultados polo alumnado.
A listaxe de centros de destino que se ofertan actualmente está dispoñible na oferta de prazas de mobilidade internacional que pode consultarse por centros e titulacións.
É importante consultar en cada posible centro de destino a lingua en que se imparte a docencia, xa que se alguén desexa un destino para o cal non ten o correspondente certificado de idiomas, a solicitude rexeitarase, aínda que se solicitou outros para os que si se presenta certificado, poderá optar a estes.
As prazas de cada destino adxudícanse na resolución correspondente, ata que estean cubertas, baseándose nas preferencias indicadas, a nota do expediente e os idiomas a maiores dos do destino que se poidan acreditar. Unha vez a praza sexa asignada, iníciase o proceso para poder realizar a mobilidade, que se xestiona a través da Oficina de Relacións Internacionais de Ferrol e da coordinación Erasmus do centro.
Oficina de Relacións Internacionais do Campus de Ferrol
riferrol@udc.es | +34 881 013 634
Titor Erasmus do Grao de Xestión Industrial da Moda
Diego Crespo Pereira diego.crespo@udc.es | +34 881 01 38 58