09 Mar María Teresa Gutiérrez de la Concha Martínez, creadora do proxecto Claudina Romero, imparte un seminario aos alumnos
Actualidade
María Teresa Gutiérrez de la Concha Martínez é a creadora do proxecto Claudina Romero que impulsa, dirixe e produce proxectos relacionados coa moda sostible e a economía circular no sector téxtil a través de catros liñas de traballo diferenciadas: formación, asesoramento, divulgación e produción. Creou o primeiro espazo coworking nacional e viveiro para proxectos de moda. Está en Arteixo (A Coruña).