23 Out A Asociación Gallaecia Viva achega ao alumnado do GXIM á moda na época romana
Actualidade
Varios integrantes da Asociación Cultural de Recreación Histórica Gallaecia Viva impartiron, este martes 23 de outubro, un seminario especializado no Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM) que acolle a Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol.
Durante catro horas, os estudantes achegáronse á investigación, recreación histórica e á teatralización da vida na época romana.