Grao en
XESTIÓN INDUSTRIAL DA MODA

Que é o grao?

 

Trátase duns estudos de grao que se centran en ampliar o coñecemento do estudante e adquirir competencias sobre a xestión de todos os elos da cadea de valor da industria da moda.

Exponse unha aproximación a este sector desde unha perspectiva global, que abordará cuestións relativas ao deseño, ao management, á enxeñería de procesos, aos sistemas de información e á sustentabilidade co obxectivo de especializar futuros profesionais que xestionen as empresas do sector da moda en continuo crecemento.

A quen está dirixido?

 

Para xente nova inquieta, maior de 17 anos, con actitude proactiva, interesada no mundo da moda e con ganas de desenvolver proxectos internacionais, que lle permitan sacar o máximo partido a un grao universitario diferente e esixente, baseado nunha metodoloxía experiencial e activa.

GRAO BILINGÜE

“O 40% dos créditos do plan de estudos impártense en lingua inglesa, o que conferirá ao título a condición de bilingüe

mapa_Pliego triple pagina

Por que estudar o Grao en Xestión Industrial da Moda?

Sector clave

Traballa nun dos sectores máis atractivos e dinámicos da actualidade

Acción e experiencia

Metodoloxías baseadas na acción e a experiencia

Versatilidade

Destrezas e competencias clave para converterte nun profesional adaptable, con competencias dixitais e orientación internacional

Profesionalizante

Profesores profesionais do mundo da moda, clases conectadas co mundo empresarial

Bilingüe

Proxección internacional: grao bilingüe en inglés e español

Obradoiros

Actividades complementarias que te achegarán á industria da moda e farán a túa experiencia 100% completa

Especialización

Obradoiros de especialización para enfocar o teu futuro profesional cara ás distintas áreas da industria

Prácticas

Ao finalizar o grao desenvolverás as túas prácticas nas principais empresas do sector da moda

Cales son as súas saídas profesionais?

No ámbito do Management

Product Manager

Retail Marketing Manager

Visual Merchandising Manager

Técnico/responsable de apoio en servizos centrais:
RRHH, RSE/calidade, aprovisionamento, loxística…

No ámbito da interncionalización

Comprador internacional

Técnico/responsable de expansión internacional e franquías

Área manager

No ámbito da enxeñería, procesos e industria

Data Analyst

Supply Chain Management

Emprendedor