10 Out A deseñadora Tania González Campus imparte o primeiro seminario especializado do Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM)
Actualidade
A deseñadora de moda e arquitectura, Tania González Campos, impartiu, este mércores 10 de outubro, un seminario especializado dirixido ao alumando do Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM) que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol.
A través de referentes e do seu propio traballo, a deseñadora explicou como se leva a cabo o proceso creativo dun proxecto de moda en comparación con un de arquitectura, desde a idea inicial ata a súa materialización.