Lara Suárez Portela, de Valora Consultores, comparte co alumnado do GXIM a súa experiencia no eido da sustentabilidade

A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación acolleu, este venres 8 de marzo, un seminario especializado impartido por Lara Suárez, de Valora Consultores, quen compartiu co alumnado do Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM) a súa experiencia no campo da sustentabilidade, especialmente no sector do retail.