Idoia Cuesta imparte un seminario sobre cestaría e moda na Facultade de Humanidades e Documentación

A creadora textil Idoia Cuesta impartiu, este luns 15 de outubro, un seminario especializado titulado “Cestaría e Moda. Técnicas Artesanais” no que participaron os estudantes do primeiro curso do Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM) que acolle a Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol.

Partindo das técnicas tradicionais de cestaría, Idoia Cuesta investiga e experimenta permanentemente co tecido, transformando as materias e os volumes para dar renda solta á súa creatividade no deseño de novas liñas e produtos aplicables a diferentes ámbitos como poden ser a decoración ou a moda.