O alumnado do Grao en Xestión Industrial da Moda recibe ao mánager de sostibilidade de Texfor, David Allo, no primeiro seminario do segundo cuadrimestre

O mánager de sostibilidade da Confederación Industria Téxti (Texfor), David Allo, impartiu, este venres 15 de febreiro, un seminario especializado no Grao en Xestión Industrial da Moda (GXIM) que acolle a Facultade de Humanidades e Documentación do Campus de Ferrol.